ESS-ODS

Outra economía xa está en marcha
Vivimos un momento de cambios, o modelo actual de crecemento mostra os seus límites e precisamos novas formas de organizar a economía e a vida. Ante isto a ESS presenta unha folla de ruta clara para avanzar cara a unha transformación social e económica que poña a vida, as persoas e o planeta no centro.
A ESS é un modelo que integra o ámbito social, económico e medioambiental que:
- Ten impactos positivos en todas as dimensións do desenvolvemento humano.
- Promove a transformación do sistema económico actual.
- Dá respostas as problemáticas actuais a través da innovación social.
Unha alternativa recoñecida a nivel global
A ESS é un actor chave para avanzar cara a un desenvolvemento máis sostible, inclusivo e democrático. Este recoñecemento reforza a súa lexitimidade como modelo económico transformador:
- Asemblea de Nacións Unidas recoñece que a ESS ofrece unha vía concreta para situar as persoas e o planeta no centro da axenda de desenvolvemento na súa Resolución A/RES/77/281 Promover a ESS para o Desenvolvemento Sostible.
- Grupos de Traballo de Nacións Unidas sobre a ESS ( UNTFESSE) creado en 2013, onde podes atopar publicacións e políticas para a inclusión de ESS nos ODS.
- Organización Internacional do Traballo, pola súa contribución ao traballo decente, á economía inclusiva e sostible, á xustiza social e ao desenvolvemento sostible.
Un modelo aliñado coa Axenda 2030
En 2015, na Asemblea Xeral de Nacións Unidas, 193 países aprobaron a Axenda 2030. Un plan global composto por 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable para situar as persoas e o planeta no centro, sen deixar a ninguén atrás.
En España a Estratexia de Desenvolvemento sostible (2030) recoñece a ESS como un motor de cambio, transformación e innovación social que dá solucións concretas aos retos país identificados nesta estratexia.






Unha garantía de compromiso cos ODS
As prácticas que poñen en marcha as entidades e organizacións da ESS:
- Contribúen de maneira significativa aos 17 ODS.
- Xeran impacto directo no ámbito social, económico e ambiental.
- Permiten traducir e adaptar os ODS ao contexto local e aos territorios.
Os valores recollidos na Carta de Principios de REAS :
- Garanten a coherencia interna das entidades co modelo de desenvolvemento sostible.
- Orientan as súas prácticas cara a impactos reais.
- Reforzan o compromiso co ben común.
Aquí podes consultar a relación entre os principios da ESS e os ODS:
A ESS como alternativa de futuro
Seguimos a traballar para:
- Impulsar a Auditoría Social para medir e reforzar os nosos valores e compromisos cos ODS.
- Conectar resultados da Auditoría Social e ODS a tráves da Guía de Localización e Conexión elaborada no marco do proxecto.
- Facilitar recursos que orienten ás entidades na posta en marcha de accións para a contribuír aos ODS: Guía de Acción prácticas.
- Mellorar a comunicación e visibilización do valor da ESS.
Outras propostas e experiencias dende a ESS para avanzar nos ODS:
