
Que é a ESS?
Vivimos en sociedades democráticas, pretendemos actuar con xustiza, coñecemos o poder da solidariedade e tratamos de compartir estes valores con grupos de xente cada vez máis numerosos. Con todo, o modelo económico converteuse nuns dos maiores freos para conseguir logros en temas de ecoloxismo, inclusividade, equidade ou xustiza.
A Economía Social e Solidaria (ESS) supón unha consistente alternativa ao modelo teórico, unha serie de prácticas concretas para mudar as nosas relacións económicas desde o día a día e un movemento social relacionado co mundo en que vivimos, as súas tensións e as súas esperanzas.
A ESS é unha alternativa ao capitalismo e a sistemas económicos autoritarios controlados polo Estado.
Na ESS a xente común ten un rol activo no curso de todas as dimensións da vida humana: económica, social, cultural, política e ambiental.
A ESS existe en todos os sectores da economía: produción, finanzas, distribución, intercambio, consumo e gobernanza, e anhela transformar o sistema social e económico incluíndo os sectores públicos e privados, así como o terceiro sector.
Na ESS non se trata só de reducir a pobreza, senón tamén de superar as desigualdades, que abranguen todas as clases sociais.
A ESS empuxa cara a unha transformación social que vai máis aló dun cambio superficial no cal as raíces opresivas estruturais permanecesen intactas.
As organizacións e entidades de ESS que formamos parte das redes territoriais e sectoriais de Reas red de redes compartimos valores recollidos na Carta de principios da Economía Social e Solidaria
