Saltar ao contido

Evento presencial o 10 de abril en Compostela para para poñer en valor a ESS como motor de cambio e transformación de cara a axenda 2030.

garda a data

O 10 de abril temos unha cita para poñer en valor a ESS como motor de cambio e transformación de cara a axenda 2030 baixo o título: Da utopía á realidade.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Compostela acollerá este interesantísimo evento no que,  a través de relatorías, mesas temáticas e grupos de traballo, buscaremos:

· Visibilizar a contribución da ESS á Axenda 2030 e aos ODS.

· Poñer en valor a Auditoría Social como ferramenta de medición de impacto, transparencia e mellora continua.

· Construír colectivamente prioridades comúns e compromisos colectivos da ESS en Galicia.

· Fortalecer alianzas entre entidades, terceiro sector, administración e academia.

En breve compartiremos o programa detallado da xornada, que incluirá asemblea de REAS Galiza 😉

Agardámosvos!