Dálle ao play para coñecer a algunhas das entidades que transparentaron os seus valores facendo a Auditoría Social
Gonzalo Sáez, avogado e socio da asociación Arraianas , é o primeiro protagonista dunha serie de vídeos que impulsamos dende o proxecto Recoñece a ESS. Arraianas participou da Auditoría Social, un exercicio de transparencia dos seus valores, das ferramentas que empregan e do camiño a construír cara o futuro. Dálle ao play e coñece máis sobre a asociación e a ESS!
Tamén saen no vídeo: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, 7H Cooperativa Cultural, Boa Vida Inclusión Activa, Labrecos S. Coop. Galega e Nosa Enerxía S. Coop. Galega.
A conciliación, ter un salario digno, participar da toma de decisións na empresa da que formas parte e a sustentabilidade son os piares desta cooperativa.
Colocar as persoas no centro, a sustentabilidade e a perspectiva de xénero son cuestións fundamentais no traballo cotiá que levan a cabo. Transparentar os valores da economía solidaria poñen no horizonte un modelo económico a perseguir de cara o futuro.
En Urdime poñen ás persoas no centro, traballan por un modelo que camiñe cara a xustiza social e sostible nas súas prácticas.