Saltar ao contido

O Salto Galiza publica un retrato da economía social e solidaria galega a partir dos resultados da Auditoría Social

O xornal O Salto Galiza resaltou nas súas páxinas na edición do 10 de marzo “A economía social e solidaria en Galiza presenta un perfil cada vez máis definido: menor desigualdade salarial, liderado feminino e un forte compromiso co consumo responsable e as finanzas éticas. Así o reflicten os resultados de a última auditoría social presentada por REAS Galiza, a rede que agrupa entidades comprometidas cun modelo económico máis xusto, democrático e sostible e da que tamén forma parte El Salto.”

Na nova, destacan que “Como novidade nesta edición, as entidades participantes recibiron o selo de auditoría social, un distintivo que recoñece publicamente o esforzo realizado para avaliar o seu impacto e reforzar o seu compromiso cun modelo económico aliñado cos principios da Economía Social e Solidaria e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.”

Podes consultar a nova completa aquí