Saltar ao contido

O xornal Praza Pública faise eco dos resultados galegos da Auditoría Social e mais deste proxecto

O xornal Praza Pública resaltou nas súas páxinas na edición do 12 de febreiro que a Economía Social e Solidaria en Galicia é un “modelo sólido, coherente e en crecemento”

Na nova, destacan que “REAS Galicia, con 35 entidades socias, presentou a súa nova web e os resultados da auditoría social. Entre os datos destaca o peso das mulleres (ocupan o 72% dos postos de responsabilidade) e a aposta pola igualdade interna (a diferenza entre os maiores e menores soldos é só dun 23%)”

Podes consultar a nova completa aquí