Participa
Se queres recibir información ou formar parte de maneira máis activa do proxecto Recoñece a ESS encantaríanos contar con vós.
Se ademais, queres dar un paso máis, podes enredarte activamente en REAS Galicia e ser parte dunha rede que promove outra forma de facer economía, máis xusta, solidaria e sostible.
Como?
Hai moitas formas de implicarte, escolle a que mellor encaixe contigo:
- Como voluntaria nas accións que realizamos ao longo do ano.
- Compartindo información, difundindo o movemento e apostando por un consumo responsable.
- Cunha achega puntual ou doazón individual, contribuíndo a fortalecer o proxecto.
- Asociándote formalmente:
- SOCIA DE PLENO DEREITO.
- Dirixida a proxectos económicos, entidade ou organización de ESS. Participación nas tomas de decisión: 1 persoa=1 voto. Posibilidade de presentarse aos postos de representación e elixir as persoas representantes.
- Cota anual 2025 (renovable cada ano): 100€.
- Dirixida a proxectos económicos, entidade ou organización de ESS. Participación nas tomas de decisión: 1 persoa=1 voto. Posibilidade de presentarse aos postos de representación e elixir as persoas representantes.
- SOCIA COLABORADORA.
- Dirixida a persoas individuais.
- Participación nas tomas de decisión: a totalidade das persoas colaboradoras contan cun único voto.
- Cota anual 2025 (renovable cada ano) : 30€.
- SOCIA DE PLENO DEREITO.
Que pode achegar ao meu proxecto ser parte de Reas?
- Poderás aumentar a visibilidade do proxecto a través do Mercado Social e redes sociais.
- Poderás dispoñer da ferramenta da Auditoría Social para avaliar, medir e mellorar o teu impacto social, a transparencia e comunicación dos teus valores.
- Terás a oportunidade de participar en espazos de cooperación onde intercambiar coñecementos con outras experiencias, atopar sinerxías e tecer redes, tanto en territorio galego coma noutras comunidades.
- Terás preferencia á hora de participar en proxectos impulsados por REAS.
- Recibirás novas vinculadas a ESS (actividades, formacións, axudas, etc) a través do correo electrónico.
- Serás parte dunha grande rede de aprendizaxe e apoio mutuo coa que farás comunidade para transformar este mundo nun máis xusto e sostible.

Que tipo de proxectos poden formar parte?
En Reas Galicia buscamos proxectos e persoas que creen noutra forma de facer economía mais comprometida cosas persoas e o contorno. Poden formar parte:
- Proxectos económicos, entidades asociativas, cooperativas, empresas de inserción, sociedades laborais, fundacións, comunidades de montes, persoas individuais.
- Proxectos que se identifiquen cos 6 principios da Economía Social e Solidaria recollidos nesta carta.
- Proxectos que teñan ganas de avaliarse, mellorar e avanzar no seu compromiso con estes principios.
Que pode achegar ao meu proxecto ser parte de REAS?
- Maior visibilidade e promoción do meu proxecto de ESS e reforzo da túa identidade como parte deste movemento.
- Posibilidade de Avaliar, medir e mellorar o teu impacto social, a transparencia e comunicación dos teus valores a través da Auditoría Social.
- Intercambio, coñecementos, creación de sinerxías e tecer redes con outras experiencias, tanto en Galicia coma noutros territorios a través do fomento da cooperación e intercooperación.
- Terás preferencia á hora de participar en proxectos impulsados por REAS Galicia.
- Información actualizada sobre a ESS (actividades, formacións, axudas, etc)
- Ser parte ou formar parte dunha grande rede de aprendizaxe e apoio mutuo que constrúe comunidade para transformar a economía.
Por que é importante o teu apoio?
Implicándote estarás contribuíndo ao desenvolvemento dun modelo económico transformador, baseado na democratización da economía, a cooperación, a autoxestión do traballo e a sostibilidade da vida en definitiva que prioriza as persoas fronte o capital.
O teu apoio é fundamental para que poidamos:
- Traballar con maior independencia.
- Impulsar accións colectivas en prol da ESS.
- Seguir fortalecendo un movemento que pon as persoas no centro.
Se a túa iniciativa está en sintonía coa Economía Social e Solidaria Solidaria será benvida a bordo!
Só tes que enviarnos un correo coa túa solicitude a través do formulario de contacto e enviarémosche toda a información para unirte a nós.
Agardámoste!