Saltar ao contido

Presentamos os resultados do proxecto

Chegamos á fin deste proxecto que naceu co obxectivo de facer que a Economía Social e Solidaria sexa máis medible, visible e recoñecida, para poder consolidala como un actor clave na implementación da Axenda 2030.

Durante este tempo traballamos para:

· Mellorar a coherencia interna das prácticas das entidades, reforzando ferramentas como a Auditoría Social para a medición de impacto, a transparencia e a rendición de contas.

· Conectar os principios da ESS cos ODS, fortalecendo o compromiso co desenvolvemento sostible.

· Mellorar a comunicación do impacto e do valor transformador da ESS.

Queremos convidarte a coñecer en detalle os resultados do proxecto e as ferramentas desenvolvidas para darlle continuidade a este traballo nun encontro en liña de participación aberta o vindeiro martes 21 de abril.

Presentaremos, entre outros contidos, a Guía de conexión da Auditoría Social cos ODS, unha ferramenta práctica para avanzar na medición e comunicación do impacto.

Agardámoste o martes 21 de abril ás 12:30h nesta sala zoom!

*Agradécese confirmación de asistencia en galiciaauditoriasocial@reas.red