
Que é REAS Galicia?
A Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro que reúne persoas, entidades e proxectos que demostran que a economía pode ser máis xusta, sustentable e centrada no coidado da vida. Acompañamos numerosas iniciativas en todo o ciclo económico, conectando redes e ofrecendo ferramentas, auditorías e espazos de aprendizaxe e decisión colectiva, para impulsar alternativas reais ao modelo dominante. Somos un movemento aberto e colaborativo, convencido de que a transformación nace do común: cooperar, coidarse e actuar xuntas para construír unha economía solidaria que xa é unha realidade.
Queres coñecer as nosas entidades socias?
Participa en REAS Galicia
Se queres ser parte máis activa deste movemento de transformación social e económica podes poñerte en contacto connosco aquí. Estaremos encantadas de falar contigo!
O proxecto Recoñece-a Economía Social e Solidaria, avanzando na Axenda 2030 a través da Auditoría Social financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, consumo e Axenda 2030, nace para consolidar o modelo Económico proposto pola ESS como un actor clave no avance e aplicación da Axenda 2030. Con este proxecto aspiramos a que a ESS sexa recoñecida como un faro ou compás de cara a un desenvolvemento económico que pon as persoas, o planeta e a vida no centro.









































