Resultados 2024
Cada ano, a Economía Social e Solidaria (ESS) reafirma o seu compromiso coa transparencia, a coherencia interna e a rendición de contas, poñendo en valor un modelo económico que sitúa as persoas e ao planeta no centro, e que contribúe a un desenvolvemento máis sostible, xusto e solidario.
24 entidades vinculadas á ESS en Galicia participaron este ano no proceso de Auditoría Social, realizando un exercicio de reflexión e autoavaliación para medir o seu compromiso cos seis principios básicos da Economía Social e Solidaria: equidade, traballo digno, cooperación, sustentabilidade ecolóxica, compromiso coa contorna e a repartición xusta da riqueza.
Como novidade e recoñecemento ao seu esforzo, estas entidades recibiron o Selo da Auditoría Social, un distintivo que permite visibilizar o seu compromiso e reforzar a confianza social:
7h, Espazocoop, Cidadanía, Nosa Enerxía, Habitat Social, Coma, Boavida, Xeracción, Outonía,. Arraianas, Alén S. Coop., Alalá, Aopaso, Enraizando, Dálle que dálle, Sacauntos, Illa Bufarda Labrecos, Urdime, Solidariedade int., Feitoría Verde, 13 grados e Cuarzo Verde.
Os resultados agregados desta campaña amosan unha evolución positiva da participación e poñen de manifesto a forza do sector, aínda que con moito camiño por percorrer.
Desde REAS RdR difundimos os resultados da auditoría social a nivel estatal e este ano, como novidade, elaboramos un informe específico para o contexto galego que resumimos a seguir.



Ademais, publicamos tamén algunhas das infografías individuais das entidades para a súa comunicación social: un exercicio de transparencia e responsabilidade.
7H | ESPAZO COOP | CIDADANÍA | NOSA ENERXÍA | BOAVIDA | OUTONÍA | ARRAIANAS | ALALÁ | ENRAIZANDO | DÁLLE QUE DÁLLE | SACAUNTOS | LABRECOS | CUARZO VERDE
Queremos seguir impulsando e fortalecendo este proceso, animando a que cada vez máis entidades se sumen á Auditoría Social clave para:
- Visibilizar o impacto real da ESS
- Reforzar o compromiso cos ODS e a Axenda 2030
- Amosar que a ESS é un motor de transformación social e económica.
Grazas a todas as persoas e organizacións que fan posible que a ESS siga medrando en Galicia.
Facemos auditoría social, comprometémonos cos ODS, somos transparentes.
