Que é Recoñece a ESS?
O proxecto Recoñece-a Economía Social e Solidaria, avanzando na Axenda 2030 a través da Auditoría Social financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, consumo e Axenda 2030, nace para consolidar o modelo Económico proposto pola ESS como un actor clave no avance e aplicación da Axenda 2030. Con este proxecto aspiramos a que a ESS sexa recoñecida como un faro ou compás de cara a un desenvolvemento económico que pon as persoas, o planeta e a vida no centro.
Que queremos conseguir?

Fortalecer a coherencia interna das prácticas de entidades e organización de Economía Social e Solidaria, impulsando mecanismos de medición de impacto, rendición de contas, transparencia e mellora continua, como a Auditoría Social.

Conectar e poñer a dialogar os principios da ESS cos ODS, mellorando o aliñamento e o compromiso das nosas practicas coa Axenda 2030.

Visibilizar o rol transformador da ESS, mostrando de forma clara e fiable os seus impactos positivos.
Se queres recibir información das actividades e participar de forma máis activa neste proxecto, contacta connosco.